viernes, 25 de mayo de 2018

DÍA DE EUROPA

Para conmemorar o Día de Europa a nivel de centro investigamos por aulas sobre os animais máis representativos nalgún país Europeo.

VISITANOS PI




OS MAIORES ELABORARON UN CONTO CON PI "PI CAZA PANTASMAS NO CASTELO DE MONFORTE"

martes, 15 de mayo de 2018

GRUPO I- Semana das Letras Galegas

Este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a unha muller, María Victoria Moreno. Hoxe recibimos a visita de Ana Vila, unha poeta labrega que nos veu contar as súas experiencias como autora e muller do rural galego. Para homenaxeala, o grupo I escolleu un poema do seu libro  Pintasias titulado "A vaca", así traballamos a poesía e o animal máis abundante na nosa terra galega.

GRUPO I- Día de Europa

O alumnado do grupo I para celebrar o Día de Eurora (9 de maio de 2018) e traballar así de maneira tranversal co proxecto do animais, elexiu un país da Unión Europea, España, e o animail máis representativo del. O animal escollido foi o lince ibérico. Fixemos unha pequena investigación sobre o mesmo e ao final, visualizamos un vídeo sobre o lince e as súas costumes.

Curta Plan Proxecta Finais

Rematamos o Plan Proxecta dos animais con esta curtametraxe.    Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado que participou no proxecto.