lunes, 23 de abril de 2018

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA OS NOSOS AMIGOS.

Ao longo do mes de abril tivemos contenedores para a recollida de alimentos para os nosos amiguiños animais no Concello ,no C.E.I.P A Gándara, no C.E.I.P Novo e no noso cole.



Mirade canta xente colaborou!!!!






Moitísimas grazas pola vosa colaboración. 
Entregaremos todos os alimentos recollidos a asociación AMARCAN Monforte.

domingo, 22 de abril de 2018

Canción "Yes, I Can" en inglés.

No grupo III gústanos moito cantar e bailar e por iso decidimos aprender esta canción en inglés na que aparecen varios animais. Sabedes o que poden e non poden facer?

lunes, 16 de abril de 2018

GRUPO I- Revista de animais

O pasado xoves, 12 de abril, Bruno aportou a biblioteca da aula unha revista sobre diferentes animais e as súas características.

miércoles, 11 de abril de 2018

GRUPO I - Os bolechas

O alumnado do grupo I estivo lendo un conto dos Bolechas titulado "Sultán no ten microchip", o cal ten como protagonistas a catro cans. Así seguimos traballando o coidado e respecto dos animais, utilizando a lectura como vehículo conductor.

martes, 10 de abril de 2018

Curta Plan Proxecta Finais

Rematamos o Plan Proxecta dos animais con esta curtametraxe.    Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado que participou no proxecto.